Bicos con Lingua.
A duración da obra foi de 50 minutos, o seu xénero é a comedia e era no noso maravilloso idioma, o galego.
Pequeno resumo da obra:
Espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega.Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante.
Formada por diferentes ocasións coa lingua galega como núcleo central, a obra tiña un grande contido realista e, sobre todo, divertido.
A miña opinión sobre a obra:
A min gustoume moito polo tema de que reflexaba unha realidade moi grande: a penuria que está a sufrir a lingua galega. Pero, sen representala mediante aburridos e largos argumentos cos que probablemente acabaríamos durmidos, non, a representaban con divertidas ocasións. Gustoume moito o tema de que falaran sen medo o que dicían, tal é o caso como as múltiples palabrotas que dicían de vez en cando e que lle daban un toque máis xuvenil a obra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario